Logo - Code Beam A Coruña

11 de xuño de 202209:00 - 19:10 CET

A primeira conferencia en España
dedicada á BEAM

Énchenos de ledicia reunir a nosa comunidade na bonita cidade da

Coruña

, nun evento

DE BALDE!




A conferencia terá lugar o 11 de xuño de 2022. As palestras serán en galego-portugués ou español pola mañá e en inglés pola tarde.

Será un evento presencial, no que se cumprirán tanto o noso código de conduta como as medidas de prevención da COVID-19 para garantir e gozar dun ambiente seguro en todos os sentidos.

BENVIDA


En 2022 pasámolo pipa! Queres ver como foi?

Mentres preparamos a edición de 2024 e enchemos esta páxina coa lista de palestrantes e o horario, por que non pararnos un momentiño a rememorar como decorreu a Code BEAM A Coruña 2022?

Podes premer AQUÍ para visitares o arquivo da páxina naquela altura, ou mirar aquí abaixo o vídeo cos momentos máis memorábeis.

Chamamento ás palestras


Temos aberta a recepción de palestras para poñentes que non teñan problema en facela en persoa. Aceptamos con gusto propostas sobre Erlang, Elixir, a BEAM e outras tecnoloxías, e comprácenos apoiar candidatas de grupos infrarrepresentados na comunidade de desenvolvemento de software. Prazo límite de envío: 00:59 CET do 31 de xaneiro de 2024

PROPOR PALESTRA

Tamén aceptamos obradoiros! Se prefires en troques dirixir un obradoiro, ou enviar unha idea de obradoiro ademais dunha palestra, estaremos encantadas de que nos escribas. Mesmo prazo que para as palestras: 00:59 CET do 31 de xaneiro de 2024

PROPOR OBRADOIRO

Patrocinios

Queres contribuír a que Code BEAM Lite A Coruña sexa un gran evento?

Contacta connosco e informarémoste das diferentes opcións de patrocinio que temos!

codebeamcorunha@googlegroups.com